Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO RECOLLEU MÁIS DE 180 BICICLETAS E PATINETES A TRAVÉS DA CAMPAÑA "A TÚA VELLA BICI VALE UN SORRISO"
O concelleiro de Seguridade Cidadá, Román Romero, destacou o éxito da iniciativa e agradeceu a implicación de familias, entidades e empresas
Narón, 10 de xaneiro de 2023. O concelleiro de Seguridade Cidadá, Román Romero, destacou o éxito da campaña “A túa vella bici vale un sorriso”, impulsada a través do Concello en colaboración co Centro de Recursos Solidarios de Narón. O edil naronés agradeceu a implicación e colaboración cidadá nesta iniciativa promovida un ano máis a través do equipo de Educación Viaria de Narón, formado por Pedro Caneiro e Sonia López. A través da mesma recolléronse un total de 184 bicicletas, ademais de tres correcorre e dous patinetes. Do material recollido, tal e como apuntou, 95 bicis entregáronse á asociación AGA Ucraína, que as levará ao seu destino, para que as nenas e nenos do país, asolado por unha cruenta guerra, poidan recibir tamén material doado nesta campaña local. Así mesmo, entregáronse 60 bicicletas a centros de ensino da cidade, para realizar actividades nas citadas instalacións: 15 entregáronse a familias vulnerables da cidade a través do Centro de Recursos Solidarios de Narón e as restantes 14, tres correcorre e dous patinetes entregaranse nos vindeiros días aos centros de ensino que as precisen. Romero agradeceu a colaboración do Centro de Recursos Solidarios, da asociación AGA Ucraína, do establecemento BikeWorks Narón pola posta a punto do material e “como, non, de todas as familias que se sumaron á iniciativa, entregando bicicletas, correcorre e patinetes en moi bo estado que agora poderán desfrutar nenas e nenos de familias que atravesan unha situación de vulnerabilidade”.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal