Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABERTO ATA O 20 DE MARZO O PRAZO DE MATRÍCULA NAS TRES ESCOLAS INFANTÍS MUNICIPAIS
A concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, informou que os tres centros ofertan un total de 126 prazas vacantes
Narón, 2 de marzo de 2023. A concelleira de Ensino, Meredes Taibo, informou da apertura do prazo de matrícula para o curso 2023-2024 nas tres escolas infantís municipais, uns trámites que se poden realizar ata o vindeiro 20 de marzo, incluído. En total os centros da Solaina, A Gándara e Piñeiros ofertan 126 prazas para menores de 0 a 3 anos, tal e como apuntou a edil naronesa. No caso da escola infantil da Solaina hai dispoñibles 16 prazas para menores de 0 a 1 anos; 13 para o grupo de 1 a 2 e 15 para o de último ano, de 2 a 3. Na da Gándara tamén se ofertan 16 prazas para nenas e nenos de 0 a 1 anos, e 13 para os de 1 a 2, se ben no caso de 2 a 3 hai 14 vacantes. Na escola infantil de Piñeiros o número de prazas para menores de 0 a 1 anos é de 16; para os de 1 a 2 de 11 e para os de 2 a 3 de 12. As familias interesadas en matricular ás súas fillas e fillos nestes centros poden facelo no Concello, a través do Rexistro municipal –de luns a venres de 8.30 a 13.30 horas- ou na Sede Electrónica de Narón, tal e como indicou a concelleira de Ensino. A edil recordou ademais que a través da web municipal buscocole.naron.es se ofrece información e orientación ás familias sobre os centros de ensino da cidade.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal