Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
AS VISITAS ESCOLARES AO CONCELLO PROGRAMADAS PARA ESTE CURSO REMATARON HOXE CON ALUMNADO DO CPR AYALA
Os escolares interesáronse ante a alcaldesa, Marián Ferreiro, por coñecer parte da súa vida persoal e profesional
Narón, 17 de marzo de 2023. Preto dunha trintena de alumnas e alumnos do CPR Ayala desprazáronse esta mañá ao Concello para participar na iniciativa de visitas guiadas que se enmarca no programa municipal de Recursos Educativos de Apoio á Escola. Coa visita de hoxe remataron as programadas para este curso dende o Servizo Sociocomuntiario Municipal, que permitiron a uns 200 escolares participar nesta convocatoria e coñecer as instalacións e o funcionamento da administración local. A alcaldesa, Marián Ferreiro, recibiunos no salón de plenos, onde os escolares se interesaron por saber onde vivía, os seus hobbies, a súa comida e película favoritas, algunhas anécdotas do seu traballo, o seu horario… entre outras curiosidades. Aproveitando a súa estancia no Concello, o alumnado, que estivo acompañado por unha docente do centro, visitou tamén as instalacións da Policía Local e do Arquivo municipal. As visitas deste programa lévanse a cabo con alumnado de educación Infantil e Primaria e tamén dende o Consistorio se convocan anualmente para os escolares outras ás instalacións do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento de Narón (Speis), ao Centro de Recursos Solidarios e á Biblioteca Municipal.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal