Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CENTRO CÍVICO DE PIÑEIROS ACOLLERÁ ESTE SÁBADO UNHA MESA REDONDA DO PROGRAMA DE PREVENCIÓN DA DEPRESIÓN E MELLORA DA SAÚDE MENTAL
O concelleiro de Sanidade, Manuel Ramos, destacou a importancia de visibilizar os problemas de saúde mental
Narón, 25 de abril de 2023. O ciclo de conferencias do programa de Prevención da depresión e mellora da saúde mental impulsado polo Concello continuará este sábado no salón de actos do local social de Piñeiros. Así o recordou o concelleiro de Sanidade, Manuel Ramos, que apuntou que nesa ocasión será Lidia Paz, psicóloga especializada en psicoloxía clínica a ponente convidada. “Vivir cun problema de saúde mental, a importancia de comprender e empatizar” é o título da mesa redonda que dará comezo ás 11.00 horas. A convocatoria é aberta á cidadanía en xeral, podendo asistir todas as persoas que o desexen ata completar a capacidade da sala. Ramos recordou que a iniciativa forma parte do ciclo de conferencias “A saúde mental é cousa de todos e todas”, iniciado o pasado mes de marzo e que rematará en xuño deste ano. As seguintes conferencias programadas a través deste ciclo terán lugar, tal e como avanzou o edil de Sanidade, os días 11 e 27 de maio. Na primeira xornada, o día 11 ás 19.30 horas, será a psiquiatra e psicoterapeuta orientada ao trauma Anabel González a encargada de falar ao público sobre “Cambios vitais: como afrontar os momentos de cambio na nosa vida”. Na seguinte convocatoria fixada o 27 de maio ás 11.00 horas, a psicóloga xeral sanitaria especializada en sexoloxía, terapia sexual e de parellas abordará o tema da “Sexualidade e relación de parellas: vínculos, como afectan á nosa saúde mental”. Estas dúas conferencias levaranse a cabo no salón de actos do Centro Cívico Social do Alto do Castiñeiro. “Estas convocatorias concíbense como un espazo de encontro e reflexión sobre un tema de gran relevancia na nosa sociedade, como é o da saúde mental, un problema que padecen moitas persoas e que temos que visibilizar, de aí a organización deste programa municipal”, asegurou Ramos. O edil naronés destacou a excelente acollida que este ciclo de conferencias está tendo entre a cidadanía e animou ás veciñas e veciños a acudir ás mesmas.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal