Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA ASINOU UN CONVENIO DE COLABORACIÓN CO PRESIDENTE DO CINECLUBE SERIE B
Marián Ferreiro e Alberto Pena Rubricaron o acordo que permitirá levar a cabo diferentes ciclos de cine ao longo do ano na cidade
Narón, 25 de abril de 2023. A alcaldesa e presidenta do Padroado da Cultura de Narón, Marián Ferreiro, e o presidente do Cineclube Serie B, Alberto Pena, asinaron esta mañá no Concello un convenio de colaboración entre o Padroado da Cultura e o Cineclube Serie B para desenvolver na cidade diversas actuacións vencelladas á sétima arte. Ferreiro explicou que a través deste convenio regularase o marco de cooperación para propostas no ámbito cultural, para as que recibirán unha partida de 3.000 euros. “Dende o Padroado da Cultura ofertaranse á cidadanía ciclos de cine ao longo do ano proxectando películas con entrada de balde”, explicou a rexedora local. Así mesmo, apuntou que haberá ciclos de cine independente, en galego, de baixo presuposto, directores noveis… cunha temática sobre cuestións de interese social. Entre elas, tal e como se recolle no documento, están o cambio climático, a violencia de xénero, o papel da muller ao longo da historia, diversidade sexual e de xénero, desigualdade social e saúde mental. Haberá ciclos no verán, en Nadal, cine ao aire libre, cine clásico, ciclos con interese educativo… “É unha proposta moi ampla, que abarcará un ano máis diversos sectores e que nos permitirá proxectar unha gran selección de películas a través do Cineclube Serie B, que realiza un excelente labor de difusión co seu traballo. Dende o Cineclube Serie B, o seu presidente agradeceu o apoio do Padroado da Cultura de Narón para poder desenvolver na cidade o seu traballo. A alcaldesa animounos a continuar traballando na mesma liña e ofreceu a colaboración da administración “para continuar apostando por este tipo de iniciativas culturais”.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal