Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A PRAZA DA GÁNDARA ACOLLERÁ MAÑÁ UNHA "PERFORMANCE" ORGANIZADA EN COLABORACIÓN CO FONDO GALEGO DE COOPERACIÓN E SOLIDARIEDADE
A concelleira de Benestar Social, Mercedes Taibo, explicou que participarán doce mulleres que asisten ao obradoiro municipal "Apodérate"
Narón, 26 de abril de 2023. O Concello desenvolve este mes un obradoiro en colaboración co Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade que terá mañá o seu broche final cunha performance programada na praza da Gándara ás 12.30 horas. A edil de Benestar Social, Mercedes Taibo, explicou que se trata dunha proposta centrada na sensibilización sobre a sustentabilidade vencellada coa auga. O pasado 13 de abril levouse a cabo unha sesión teórica na que se incidiu na importancia da auga como dereito humano fundamental e como un recurso que precisa protección. A pasada semana, o día 20, houbo unha segunda sesión e mañá terá lugar a última de algo máis de catro horas e destinada, tal e como indicou a edil, á capacitación das persoas asistentes no potencial da performance para a transformación social, dinamizados por unha profesional das artes escénicas. Na performance da praza da Gándara participará un grupo de doce mulleres da cidade, de entre 30 e 57 anos e que están asistindo ao obradoiro “Apodérate” na Casa da Mocidade. Este obradoiro ten como obxectivo promover a inclusión social e o empoderamento de mulleres.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal