Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABERTO AO PÚBLICO O NOVO ESTACIONAMENTO DE SANTA ICÍA CON CAPACIDADE PARA UNS 250 VEHÍCULOS
A alcaldesa, Marián Ferreiro, indicou que o novo estacionamento ten acceso pola rúa Ourense e saída pola Pontevedra
Narón, 6 de maio de 2023. A alcaldesa, Marián Ferreiro, informou da apertura, hoxe, do estacionamento provisional habitado en Santa Icía (A Solaina), con capacidade para uns 250 vehículos. A rexedora local recordou que se trata dun espazo habilitado nunha parcela de titularidade municipal –o campo do Estrela- e que complementará ao outro estacionamento habilitado na zona, nas inmediacións do CEIP A Solaina. “Acondicionamos o terreo con xabre e tamén o acceso rodado pola rúa Ourense e a saída pola rúa Pontevedra”, explicou Ferreiro. Así mesmo, apuntou que se trata dunha parcela “moi ben localizada, próxima ás vivendas e a instalacións municipais e que conta con servizo de alumeado, o que supón un valor engadido para este servizo que a partir de hoxe poden utilizar as veciñas e veciños que se acheguen a esta zona da cidade e precisen un espazo de estacionamento”. A alcaldesa reiterou o agradecemento ao Club de Fútbol Estrella, que dende fai uns meses utiliza para adestrar e xogar os campos de fútbol de San Mateo e O Cadaval e apoiaron esta iniciativa do goberno local para darlle provisionalmente un novo uso á parcela. “Trátase dun proxecto que comprometemos coa veciñanza e que a día de hoxe é unha realidade, poñendo á súa disposición un gran espazo para complementar os restantes estacionamentos de proximidade cos que conta a cidade: os de Xuvia e outro na Solaina, e que se completará cos adxudicados na Gándara e en Piñeiros, parroquia esta última que tamén contará nos vindeiros meses con dous aparcadoiros de proximidade”, apuntou a rexedora local.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal