Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA ASINOU ESTA MAÑÁ NO CONCELLO CON SANTIAGO OTERO A CESIÓN DA RECEITA ORIXINAL PARA A ELABORACIÓN DA "TARTA DE NARÓN"
Marián Ferreiro agradeceu a Santiago Otero, da pastelería Santy (Santa Icía) e á súa familia a súa implicación neste proxecto
Narón, 8 de maio de 2023. A alcaldesa, Marián Ferreiro, entregoulle esta mañá a Santiago Otero, profesional do sector da repostería na cidade, como propietario da pastelería Santy (Santa Icía, A Solaina), a notificación da resolución de Alcaldía na que se acepta a cesión gratuíta e en exclusiva da receira orixinal proposta por Otero para elaborar a “Tarta de Narón”. No acto estiveron tamén presentes a concelleira de Turismo, Natalia Hermida e a muller e a filla de Santi Otero, Ana Rodríguez, artífice al cen por cento da receita, e Lucía Otero, pasteleira no obrador familiar e que xunto co seu irmán Santi Otero tamén se implicou neste proxecto. “O de hoxe é un acto moi especial para nós e quero agradecer en primeiro lugar a xenerosidade de Santi Otero e a súa familia por esta cesión, porque é un dobre orgullo que esta receita sexa dun obrador da nosa cidade”, destacou Ferreiro. A alcaldesa incidiu na importancia desta elaboración a nivel gastronómico e tamén como reclamo turístico e avanzou que a previsión inicial é poder comercializar a tarta este mesmo verán. Pola súa banda, Santi Otero recordou que non chegaron a tempo á convocatoria realizada no ano 2021 pero a súa muller continuou traballando na receita e “cando creímos que cumpría todos os requisitos propuxemos a cesión da receita ao Concello”. Destacou a importancia de que o ingrediente principal é a noz e que pode ter “un amplo abano de comensais ao utilizar ingredientes sen glute nen lácteos”. Para este proceso de elaboración, tal e como avanzou Ferreiro, unha vez que se aprobe no pleno municipal o regulamento –inicialmente este mes e despois estará un mes a exposición pública- abrirase un prazo para que os obradores elaboradores interesados, de Narón ou doutros concellos, poidan asistir a unha sesión formativa na que explicarán e elaborarán a receita paso a paso. Cando se aprobe definitivamente o regulamento no pleno abrirase un segundo prazo para que os obradores elaboradores que participasen na formación soliciten ao Concello o uso da marca Tarta de Narón para comercializar o produto nos seus establecementos. Ao mesmo tempo despachos e outros establecementos comerciais que cumpran os requisitos do regulamento poderán solicitar a súa comercialización. A concelleira de Turismo, Natalia Hermida, asegurou que este doce “vai significar moito para esta cidade, sabiamos que era unha necesidade e levamos tempo traballando tanto no proxecto en si como na súa imaxe corporativa e regulamento”. A rexedora local recordou o proceso iniciado dende o Concello para contar cun produto gastronómico representativo de Narón. Con esa finalidade tramitouse e obtívose a titularidade do rexistro de marca para o distintivo “Tarta de Narón”, concedido en xullo de 2021 pola Oficina Española de Patentes e Marcas e cunha validez inicial de dez anos. Ao concurso de ideas convocado para elaborar este produto concorreron dúas propostas pero o xurado declarouno deserto por unanimidade ao considerar que ningunha das dúas tartas presentadas cumrpía o obxectivo establecido para ser considerada como tarta representativa do Concello. En marzo deste ano, o reposteiro Santiago Otero, presentou no Rexistro do Concello unha instancia ofrecendo unha cesión a modo gratuíto e en exclusiva dunha receita orixinal para preparar unha tarta que non se comercialize na actualidade e os seus dereitos de explotación a favor do Concello de Narón. Posteriormente nomeouse un comité de valoración para determinar se a elaboración cumpría os estándares establecidos. A empresaria gastronómica Lucía Freitas e o profesor técnico de Formación Profesional de Cociña e Pastelería Manuel Cordido emitiron unha valoración positiva da receita presentada por Santiago Otero. Na mesma especificaron que “é gustosa, cunha textura agradable onde resalta o sabor das noces como ingrediente principal e de fácil réplica para os diferentes obradoiros interesados na súa elaboración e comercialmente viable no seu prezo final. Polas súas características de durabilidade e que non precisa refrixeración pode considerarse doce de viaxe”. Polo tanto, o xurado indicou que a receita cumpre os obxectivos e confirma a idoneidade da proposta presentada por Santiago Otero para considerar a tarta como “representativa do Concello de Narón”, o que concluíu na sinatura da cesión da receita que tivo lugar esta mañá no Consistorio.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal