Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PROGRAMA MUNICIPAL DE PREVENCIÓN DA DEPRESIÓN E MELLORA DA SAÚDE MENTAL CONTINÚA ESTE MES CON DÚAS NOVAS CONFERENCIAS
O concelleiro de Sanidade, Manuel Ramos, recordou que a vindeira conferencia será este xoves no Centro Cívico Social do Alto do Castiñeiro
Narón, 9 de maio de 2023. O ciclo de conferencias do programa de Prevención da depresión e mellora da saúde mental continuará desenvolvéndose este mes na cidade, tal e como indicou o concelleiro de Sanidade, Manuel Ramos. A primeira das citas será esta mesma semana, o xoves día 11. O salón de actos do Centro Cívico Social do Alto do Castiñeiro acollerá a sesión, ás 19.30 horas, a cargo da psiquiatra e psicoterapeuta orientada ao trauma Anabel González, que falará sobre “Cambios vitais: como afrontar os momentos de cambio na nosa vida”. A segunda das citas será o 27 de maio ás 11.00 horas nas citadas instalacións, onde a psicóloga xeral sanitaria especializada en sexoloxía, terapia sexual e de parellas, Martina González, falará sobre “Sexualidade e relacións de parellas: vínculos, como afectan á nosa saúde mental”. O edil naronés destacou o éxito que están tendo estas convocatorias entre as veciñas e veciños. “Abórdanse uns temas de moita importancia e actualidade, sempre dende o punto de vista de profesionais en cada unha das materias e vencellados a saúde mental, que é un área que temos que tratar no día a día e un problema que padecen moitas persoas de todas as idades”, apuntou Ramos. Así mesmo, o concelleiro destacou o feito de que as persoas que acuden ás conferencias “teñen a oportunidade de interactuar e formular as preguntas que consideren sobre a temática que se trata en cada caso”. Finalmente recordou que se continuarán desenvolvendo actividades vencelladas a este Programa de Prevención da depresión e mellora da saúde mental ata o vindeiro mes de xuño.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal