Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO E AFFINOR CONMEMORARÁN NA CIDADE CON VARIOS ACTOS O DÍA MUNDIAL DA FIBROMIALXIA E A FATIGA CRÓNICA
A iluminación da glorieta de Freixeiro, mesas informativas, a colocación dunha pancarta informativa e dúas sesións de pilates abertas á cidadanía son as propostas que se levarán a cabo
Narón, 10 de maio de 2023. As edís de Igualdade, Mar Gómez, e Benestar Social, Mercedes Taibo, presentaron xunto coa presidenta da Asociación de Fibromialxia e Fatiga Crónica do Noroeste (Affinor), Elena María López, os actos programados con motivo do Día mundial da fibromialxia e a fatiga crónica, que se conmemora o vindeiro 12 de maio. “Cara a unha atención multidisciplinar. Un camiño para a esperanza” é o lema elixido para dar visibilidade e concienciar á poboación sobre esta doenza. No caso de Narón, a noite do 12 de maio iluminarase de cor malva a rotonda de Freixeiro e tamén ese día Affinor instalará unha mesa informativa no Centro Comercial Odeón, de 10.00 a 13.00 e de 17.00 a 19.00 horas e outra na entrada do Concello, onde permanecerá instalada, na zona de acceso, durante uns días con material informativo da entidade. A maiores, no interior do Consistorio colocarase unha pancarta informativa e a vindeira semana, o sábado 20 programáronse dúas sesións de pilates no parque de Freixeiro, unha ás 11.00 horas e outra ás 11.30 horas abertas á cidadanía en xeral –recoméndase levar esterilla- á que se anima a participar, de balde, a todas as persoas interesadas.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal