Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
PUBLICADAS AS LISTAXES DEFINITIVAS DE NENAS E NENOS ADMITIDOS NAS TRES ESCOLAS INFANTÍS MUNICIPAIS
A concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, explicou que se poden consultar no Concello e tamén nas tres escolas infantís municipais
Narón, 16 de maio de 2023. A concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, informou de que as persoas que solicitaron praza nalgunha das tres escolas infantís municipais –A Solaina, A Gándara e Piñeiros- para os seus fillos e fillas de entre 0 e 3 anos poden consultar as listaxes de admitidos no Concello –no horario de apertura habitual- ou a través da páxina web, na dirección: http://www.naron.es/web/cat/gal/concello/escuelas_infantis/. Dende as direccións das tres escolas infantís do Concello estase a informar tamén ás familias, tal e como indicou Taibo, que explicou a maiores que as matrículas definitivas para o curso 2023-2024 se formalizarán nos meses de verán, como é habitual.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal