Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ABRIRÁ MAÑÁ O PRAZO DE INSCRICIÓN NUN CURSO DE "ATENCIÓN AO PÚBLICO E HABILIDADES COMUNICATIVAS"
A concelleira de Formación, Natalia Hermida, recordou que o prazo para anotarse permanecerá aberto ata o 5 de xuño
Narón, 29 de maio de 2023. O Concello abrirá mañá o prazo de inscrición nun curso de Atención ao público e habilidades comunicativas impulsado a través do Programa Municipal de Formación. A edil responsable da área, Natalia Hermida, explicou que se trata dun curso que oferta 15 prazas e que se dirixe a persoas desempregadas, maiores de 18 anos e empadroadas en Narón, se ben poderán inscribirse as empadroadas noutros concellos que accederán ao curso no caso de non cubrirse todas as vacantes con persoas de Narón. Conceptos e o proceso de atención ao cliente, técnicas de comunicación e asertividade, empatía e xestión emocional, tipos de clientes e tratamentos e resolución de conflitos forman parte dos contidos, aos que se suman módulos transversais de perspectiva de xénero, sensibilización medioambiental, orientación laboral e busca de emprego, emprendemento e novas tecnoloxías aplicadas ás accións formativas. Así mesmo, haberá prácticas profesionais non laborais. En total, impartiranse 215 horas formativas, nas que se inclúen os citados módulos de formación. O curso desenvolverase do 12 de xuño ao 10 de agosto nas instalacións do Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, na Gándara, e nas instalacións das empresas colaboradoras en prácticas. O horario previsto no centro de formación é de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres, e as prácticas en empresa serán 5 horas ao día no horario que se determine. As persoas interesadas poden inscribirse no Rexistro xeral do Concello, a través da Sede Electrónica ou polos restantes medios contemplados no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. As solicitudes poderán presentarse dende mañá ás 8.30 horas ata o vindeiro 5 de xuño ás 13.00 horas. O alumnado seleccionarase por rigorosa orde de inscrición. Para obter máis información pódese consultar a sección de Servizos, Formación e Actividades Municipais da web do Concello, a Sede Electrónica, ou contactar co Servizo Sociocomunitario Municipal, a través do teléfono 981 337 700 (extensións 1108 e 1109).

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal