Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
PERSOAL DO SPEIS PARTICIPOU NUNHA ACCIÓN FORMATIVA SOBRE O MANEXO DE AUTOESCADA AUTOMÁTICA
Os profesionais do SPEIS participaron nas sesións teóricas e prácticas que se levaron a cabo a pasada semana, tal e como indicou o concelleiro en funcións do SPEIS, Román Romero
Narón, 30 de maio de 2023. Profesionais do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento (SPEIS) de Narón participaron a pasada semana nunha formación específica sobre o manexo da autoescada Metz de 32 metros, unha das dúas coas que conta o parque de bombeiros naronés. O concelleiro en funcións responsable do Speis, Román Romero, indicou que o encargado de impartir o curso foi Jesús Hernando, bombeiro da Comunidade de Madrid durante 35 anos e formador nesta área a nivel nacional. O curso, de nivel avanzado, está adicado principalmente ao coñecemento técnico da autoescada automática (AEA) e á operatividade das intervencións, tal e como se indicou dende o SPEIS. Os primeiros dous días reserváronse ao estudo completo da escada, coñecendo todos os seus rangos de traballo nas diferentes situacións ás que se poden enfrontar os profesionais e a realizar supostos prácticos con maquetas a escala. O terceiro día adicouse ao traballo nas rúas da cidade, nas que se levaron a cabo exercicios reais en diferentes edificios que supuxeran situacións especiais, como aqueles nos que a escaleira alcance a máxima altura, de 32 metros, edificios alonxados da calzada, localizados en zonas pendientes… “Trátase dunha formación moi completa e de gran importancia para que os profesionais do SPEIS poidan determinar con garantías e afrontar eses rescates coa autoescada automática con todas as garantías de seguridade”, apuntou Romero.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal