Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO CONVOCA UN ENCONTRO DA REDE DE CENTROS DE PERRUCARÍA E ESTÉTICA FRONTE Á VIOLENCIA DE XÉNERO
A concelleira en funcións de Igualdade, Mar Gómez, animou aos profesionais aos que se dirixe a iniciativa a inscribirse
Narón, 31 de maio de 2023. O Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros acollerá o vindeiro 12 de xuño un encontro da rede de centros de perrrucaría e estética fronte á violencia de xénero. A concelleira de Igualdade en funcións, Mar Gómez, indicou que a iniciativa forma parte da campaña “A igualdade polos pelos”, impulsada dende o Concello e na que participan centros de perrucaría e estética do Concello. A convocatoria desenvolverase de 17.00 a 19.00 horas. A edil naronesa indicou que este espazo final da campaña “será unha oportunidade para xuntarnos e coñecer ao resto de profesionais da rede, celebrar a realización da campaña e avanzar nos pasos que continuaremos dando nesta área co fin de promover a igualdade real na nosa sociedade”. Dende a organización solicitouse confirmación de asistencia a través do correo electrónico aigualdadepolospelos@gmail.com ou do número de teléfono 604 033 515. Tamén se poden inscribir as persoas interesadas mediante o enlace: https://cutt.ly/Kwq1e4nL. Esta campaña está financiada con fondos do Pacto do Estado, tal como recordou Gómez.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal