Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ESCOLA GALEGA DE CONSUMO OFRECERÁ MAÑÁ UNHA CHARLA SOBRE "PRODUTOS TÍPICOS DO VERÁN"
As persoas que se conecten recibirán información sobre esta área e poderán formular preguntas ao respecto
Narón, 1 de xuño de 2023. A Escola Galega de Consumo promove a través do Instituto Galego de Consumo e Competencia unha charla aberta, mediante aula virtual, da iniciativa Venres de consumo responde, sobre “Produtos típicos do verán”. Nesta convocatoria farase unha exposición sobre os dereitos da cidadanía nesa área e respostarase ás preguntas que se formulen. A charla dará comezo mañá venres ás 12.30 horas. As persoas que desexen participar deben entrar na web do Instituto Galego de Consumo e Competencia: https://consumo.xunta.gal/gl e pinchar na foto –da páxina principal, á esquerda- que indica “Venres de consumo”. Unha vez nesa ligazón xa se poderá acceder á aula de videoconferencia e terán que premer na ligazón habilitada para participar na charla.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal