Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ABRIRÁ O VINDEIRO LUNS O PRAZO PARA INSCRIBIRSE NO PROGRAMA "AVENTURA-T", DIRIXIDO Á MOCIDADE
A maior parte das propostas levaranse a cabo en Narón, se ben dúas delas serán en Valdoviño e Viveiro
Narón, 2 de xuño de 2023. O concelleiro en funcións de Mocidade, Pablo Mauriz, anunciou a apertura, o vindeiro luns día 5, do prazo de inscrición no programa Aventura-T, que se desenvolverá do 10 ao 15 de xullo na Casa da Mocidade, na Gándara. O edil naronés explicou que esta proposta “ten entre os seus obxectivos dar a coñecer actividades de activación saudable e afeccións culturais e deportivas ás mozas e mozos de Narón nados entre os anos 2006 e 2010”. Trátase dunha proposta de balde, que oferta un total de 20 prazas, e para a que terán preferencia as persoas empadroadas en Narón. Obradoiros de surf, de cap paint (customización de gorras), de igualdade e sexualidade, calistenia e “crosstraining”, scape room, video fórum, xogos e dinámicas grupais e unha visita ao parque de aventuras “Roq Park” en Viveiro forman parte da programación deseñada para os seis días de Aventúra-T. A maior parte das propostas levaranse a cabo en Narón, se ben dúas delas serán en Valdoviño e Viveiro. O horario das mesmas será de 10.00 a 14.00 todos os días agás o venres 14 de xullo, cando se programou unha xornada en Viveiro que será de 10.00 a 17.00 horas. As persoas interesadas en inscribirse poden facelo a través da Sede Electrónica de Narón, no Rexistro municipal ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos nos artigos 14.1 e 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas utilizando o formulario dispoñible na Sede Electrónica do Concello de Narón. O prazo de solicitude abrirá o vindeiro luns ás 8.30 horas e rematará o 26 de xuño ás 13.00 horas. As persoas interesadas en recibir máis información poden facelo a través do Sevizo Sociocomunitario Municipal, chamando ao teléfono 981 337 700 (extensións: 1108, 1109 e 1111)

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal