Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA ASINOU A RESOLUCIÓN QUE RECOLLE AS ÁREAS QUE OSTENTARÁN OS EDÍS DE TERRA GALEGA NO ACTUAL MANDATO
Marián Ferreiro explicou que as delegacións de cada concelleiro son efectivas dende o día de hoxe
Narón, 23 de xuño de 2023. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, anunciou hoxe as delegacións que asumirán os integrantes do grupo de goberno durante o actual mandato. O concelleiro Manuel Ramos asumirá as áreas de Servizos, Medio Ambiente e Sanidade; Natalia Hermida as de Formación e Turismo; Pablo Mauriz as de Mobilidade, Urbanismo, Obras e Infraestruturas Públicas, Persoal e Recursos Humanos; Ibán Santalla as de Deportes, Mocidade e Lecer; Román Romero as de Facenda e Novas Tecnoloxías; Olga Ameneiro as de Promoción Económica, Promoción e Xestión de Polígonos Industriais, Participación Cidadá, Cooperación no Ensino e Bibliotecas; Mar Gómez as de Estatística, Transporte Público, Feiras e Mercados, Ocio e Festexos; José Oreona as de Seguridade Cidadá, Speis e Patrimonio e Bens Inmobles e María del Carmen Lorenzo as de Igualdade, Benestar Social e Política Lingüística. O edil Manuel Ramos será o primeiro tenente de alcalde e os edís Manuel Ramos, Román Romero, María del Mar Gómez, Olga Ameneiro, María del Carmen Lorenzo e José Oreona integrarán a Xunta de Goberno Local. No que respecta ás portavocías dos grupos municipais, a de Terra Galega será para Román Romero; a do PP para Germán Castrillón, a do BNG para Olaia Ledo e a do PSOE para Silvia María De Arriba. Os citados nomeamentos son xa efectivos dende hoxe.

<<< Maio 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal