Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A CORPORACIÓN LOCAL APROBOU HOXE NUN PLENO EXTRAORDINARIO A ORGANIZACIÓN MUNICIPAL PARA O ACTUAL MANDATO
A proposta impulsada por PP, BNG e PSOE sobre as dedicacións exclusivas non se aprobou ao absterse todos os edís no momento da votación
Narón, 28 de xuño de 2023. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, presidiu esta tarde o primeiro pleno do novo mandato, no que se aprobou a organización municipal. Na sesión deuse conta da resolución de Alcaldía sobre a designación das áreas de cada concelleiro do grupo de goberno e tamén os membros da Xunta de Goberno local e tamén da constitución dos grupos políticos e os seus integrantes e portavoces: Román Romero (TEGA), Germán Castrillón (PP), Silvia María de Arriba (PSOE) e Olaia Ledo (BNG). Na convocatoria designouse tamén aos representantes municipais: - na Comisión de Participación Cidadá da Área Sanitaria de Ferrol: Manuel Ramos - na comisión de deslinde entre os concellos de Narón e Valdoviño: Marián Ferreiro, Juan Pablo Mauriz, Tania Novo, Olaia Ledo e Jorge Ulla - no Padroado de Cultura: Marián Ferreiro ( presidenta) e como titulares: María del Mar Gómez, Olga Ameneiro, Tania Novo, Beatriz Mosquera e Jorge Ulla - no Padroado de Deportes: Marián Ferreiro (presidenta), José Oreona, Pedro Portela, Beatriz Mosquera e Jorge Ulla - no Consello de Administración de Cosma: Marián Ferreiro (presidenta), Manuel Ramos, José Ibán Santalla, Germán Castrillón, Eugenio Carballeira e Jorge Ulla - no Padroado do Parque Científico Tecnolóxico de Río do Pozo: Marián Ferreiro e Germán Castrillón - na Fundación Terra de Trasancos: Marián Ferreiro - no Grupo de Desenvolvemento Rural Seitura 22: Manuel Ramos - no Grupo de Acción Pesqueiro Golfo Ártabro Norte: Manuel Ramos - no Eixo Atlántico: Manuel Ramos - na Mesa do Comercio Local de Narón: Marián Ferreiro e Olaia Ledo - na Cruz Vermella: Manuel Ramos - nos Consellos Escolares dos centros públicos de ensino (un edil por cada un dos centros) e no Consello Escolar Municipal: Manuel Ramos, Vanesa Bouzamaior, Olaia Ledo e Jorge Ulla - na Asociación de Concellos do Camiño Inglés: Natalia Hermida - no Fondo Galego de Solidariedade: María del Carmen Lorenzo - no Consello Xeral de Participación Cidadá: Natalia Hermida, Tania Novo, Eugenio Carballeira e Jorge Ulla - nos Consellos Territoriais de Participación Cidadá (catro por cada unha das parroquias e barrios) - no Consello Sectorial de Igualdade: Olga Ameneiro, Nuria Yáñez, Olaia Ledo e Jorge Ulla - na Xunta Local de Seguridade: Marián Ferreiro, José Oreona e Germán Castrillón - na Asociación de Entidades locais pola lingua galega: María del Carmen Lorenzo - na Fundación da Axencia Enerxética Provincial da Coruña: Manuel Ramos - na Comisión especial de seguemento da revisión do PXOM de Narón: Marián Ferreiro, Manuel Ramos, Germán Castrillón, Olaia Ledo e Jorge Ulla - na comisión de seguemento da situación producida polas moscas na parroquia do Val: Marián Ferreiro, Manuel Ramos, Germán Castrillón, Olaia Ledo e Jorge Ulla Así mesmo, acordouse que a periodicidade dos plenos orfinarios será mensual, ás 19.00 horas o derradeiro xoves, agás xuño, xullo, setembro e decembro que serán ás 09.00 horas. Tamén se aprobou a periodicidade da Xunta de portavoces e das diferentes comisión, así como os integrantes de cada unha delas. No pleno aprobouse a determinación do persoal eventual do Concello, cun total de sete persoas. A proposta formulada por Terra Galega era manter os cargos con dedicación exclusiva da alcaldesa e un concelleiro e as parciais do pasado exercicio (tres) mentres que a proposta efectuada polos grupos municipais de Partido Popular, BNG e PSOE foi de incrementar as dedicacións exclusivas en tres máis (unha para cada un dos portavoces deses grupos da oposición). Finalmente, na votación deste último punto, os edís dos tres partidos da oposición abstivéronse na votación da súa propia proposta, co que non saíu adiante a determinación que plantexaron a pasada semana para as dedicacións exclusivas, parciais e asistencias, indemnizacións e dietas.

<<< Maio 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal