Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ABRIRÁ ESTE SÁBADO O PRAZO DE SOLICITUDE DE AXUDAS PARA COMEDOR E MATERIAL ESCOLAR
As axudas financieiras poderán tramitarse dende o 1 de xullo ao 30 de abril do vindeiro ano, tal e como indicou a concelleira de Ensino, Olga Ameneiro
Narón, 29 de xuño de 2023. O Concello abrirá o vindeiro sábado, día 1 de xullo, o prazo para solicitar axudas financieiras para adquisición de material didáctico e escolar e para o servizo de comedor escolar. Estas axudas, segundo informou a concelleira de Ensino, Olga Ameneiro, poderán tramitarse ata o 30 de abril do vindeiro ano a través da Sede Electrónica do Concello de Narón, do Rexistro xeral do Concello –de luns a venres en horario de 8.30 a 13.00 horas- ou por calquera outro medio previsto no artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. As axudas para material escolar diríxense a familias con fillas e fillos matriculados en segundo ciclo de Infantil, educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Educación Secundaria de Adultos, en función da renda da unidade de convivencia. En canto ás destinadas a sufragar os custos de comedor escolar, destínanse a menores matriculados en centros educativos concertados de Narón. En ambos casos, para poder optar ás mesmas é preciso cumprir unha serie de requisitos, como estar empadroados en Narón e non superar un determinado límite de ingresos anuais, entre outros. As persoas interesadas en solicitar máis información sobre estas axudas, a documentación a presentar ou o impreso de solicitude poden dirixirse ao Rexistro Xeral de entrada do Concello ou ao Servizo Sociocomunitario Municipal, no primeiro andar.

<<< Maio 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal