Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABERTO O PRAZO PARA INSCRIBIRSE NAS ACTIVIDADES DO PROGRAMA MUNICIPAL DE ENVELLECEMENTO ACTIVO PARA O CURSO 2023-2024
A concelleira de Benestar Social, María Lorenzo, recordou que terán preferencia as persoas empadroadas en Narón
Narón, 3 de xullo de 2023. O Concello abriu hoxe o prazo de matrícula nas actividades do programa municipal de Envellecemento Activo correspondentes ao curso 2023-2024. Así o anunciou a concelleira de Benestar Social, María Lorenzo, que explicou que terán preferencia as persoas empadroadas en Narón e maiores de 60 anos, se ben no caso de quedar prazas vacantes poderán optar ás mesmas aquelas persoas de Narón ou dende o 17 de xullo de fóra de Narón que acrediten a documentación requerida en cada caso. As actividades desenvolveranse en locais sociais e tamén nas instalacións do Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros e das Vivendas da Mariña. Ximnasia rehabilitadora, ioga, memoria, apoio á informática, labores, obradoiros “enredamos”, obradoiro de lectura e escritura, cantigas e cancións de animación son as actividades que se ofertan. As sesións de ximnasia rehabilitadora, ioga, cantigas e memoria teñen unha taxa de 8,15 euros por persoa –segundo a ordenanza municipal número 15- e o resto de actividades son de balde. As solicitudes deberán presentarse no modelo oficial do Concello, dispoñible no Rexistro Xeral do Consistorio o una Sede Electrónica de Narón. As persoas maiores de 60 anos que estivesen matriculadas o pasado mes de xuño, teñan as cotas ao día e non solicitaran baixa neste programa terán prorrogada a inscrición nas actividades nas que participaban, polo que non terán que solicitar praza de novo. A concelleira de Benestar Social animou ás naronesas e naroneses a inscribirse nestas actividades “que teñen entre os seus obxectivos mellorar a calidade de vida das persoas maiores, cunha variada oferta para que poidan elixir entre diferentes opcións segundo as súas preferencias”.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal