Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELO ADQUIRE UN NOVO VEHÍCULO PARA A POLICÍA LOCAL DESITNADO AO SERVIZO DE SEGURIDADE CIDADÁ
A alcaldesa, Marián Ferreiro, presentou no novo vehículo acompañada polo edil de Seguridade Cidadá, José Oreona, o xefe da Policía Local, Eduardo Pita, e o Oficial do Corpo, José Antonio Carballido
Narón, 4 de xullo de 2023. A Policía Local dispón dende a pasada semana dun novo vehículo, xa operativo, e que neste caso se destinará ao servizo de Seguridade Cidadá. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, presentou o novo Ford Kuga na Praza de Galicia, acompañada polo edil de Seguridade Cidadá, José Oreona, o xefe da Policía Local, Eduardo Pita, o Oficial da Policía Local José Antonio Carballido, e un representante do concesionario no que se adquiriu o vehículo. A rexedora local destacou a importancia de incrementar o parque móbil da Policía Local, “para continuar mellorando día a día o servizo que os axentes deste Corpo prestan á cidadanía, velando pola súa seguridade e o seu benestar”. Ferreiro recordou que este Ford Kuga súmase a outro do mesmo modelo co que xa contaba a Policía Local da cidade, outros oito máis e dúas motocicletas. Así mesmo, avanzou que está en proceso de contratación o renting para unha nova furgoneta de atestados para o citado servizo municipal.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal