Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ÚLTIMOS DÍAS PARA QUE AS FAMILIAS SOLICITEN PARTICIPAR NO PROGRAMA "VACACIÓNS EN PAZ"
A concelleira de Benestar Social, María Lorenzo, explicou que aínda se poden anotar as persoas interesadas ata finais desta semana
Narón, 4 de xullo de 2023. As familias que desexen participar no programa “Vacacións en Paz” poderán anotarse ata finais desta mesma semana. Así o avanzou a concelleira de Benestar Social, María Lorenzo, que recordou que a través deste programa cada verán chegan á cidade –e tamén a outros concellos- menores que residen nos campamentos de refuxidos saharauis de Tinduf, en Arxelia. As familias que poidan acoller a algún neno ou nena (nados a partir de 2014) poden contactar coa delegada en Ferrolterra da asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui (Sogaps), Maite Martínez, a través do teléfono 618 379 868, onde tamén poden informarse deste programa, que conta coa colaboración do Concello naronés dende hai preto de tres décadas. A previsión é que os menores saharauis cheguen á cidade entre o 16 e o 20 de xullo, para convivir coas familias de acollida ata o vindeiro mes de setembro. Neste tempo, as nenas e nenos poderán afastarse das elevadas temperaturas do deserto arxelino, que acada os 50 graos. Así mesmo, durante a súa estadía na cidade realizaránselles controis e revisións médicas. Dende o Consistorio e da asociación agradeceuse de antemán “a implicación de todas as familias que fan posible que sigamos mantendo este programa, moi beneficioso para os menores saharauis, porque sen a súa disposición e colaboración sería imposible facelo”.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal