Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A OFICINA DE TURISMO DE NARÓN PERMANECERÁ ABERTA DO 7 DE XULLO AO 17 DE SETEMBRO
A concelleira de Turismo, Natalia Hermida, avanzou que estará operativa de martes a domingo pola mañá
Narón, 5 de xullo de 2023. O vindeiro venres, día 7, e ata o 17 de setembro abrirá as súas portas a Oficina de Turismo de Narón, ubicada no parque de Freixeiro. A concelleira responsable da área, Natalia Hermida, recordou que o Concello solicitou unha subvención á Deputación da Coruña, e con cargo á mesma sufragaranse os gastos de contratación de dúas persoas que atenderán as instalacións. O horario de apertura será de martes a venres entre as 10.00 e as 13.00 e de 16.00 a 20.00 horas; os sábados e os domingos abrirá de 10.00 a 14.00 e os sábados pola tarde de 16.00 a 20.00 horas, permanecendo pechadas as instalacións os domingos polas tardes e os luns todo o día. A concelleira de Turismo recordou que as persoas que se acheguen á Oficina de Turismo terán á súa disposición material informativo sobre recursos turísticos de Narón e do resto da comarca… e tamén de actividades culturais e gastronómicas que se desenvolverán nos vindeiros meses na cidade, entre outros. As persoas que o desexen tamén poden poñerse en contacto co persoal da Oficina de Turismo, no seu horario de apertura, chamando ao número de teléfono 981 337 700 (extensión 2301).

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal