Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
LUIS ZAHERA, CARLOS BLANCO, PEPÓN NIETO, NURIA ESPERT E CANDELA PEÑA, ENTRE OS PROTAGONISTAS DAS PROPOSTAS CULTURAIS DO PAZO ENTRE SETEMBRO E NOVEMBRO
A alcaldesa e presidenta do Padroado da Cultura, Marián Ferreiro, avanzou que a partir de mañá poranse á venda as entradas dos diferentes espectáculos para o público xeral
Narón, 10 de xullo de 2023. O Padroado da Cultura porá á venda mañá as entradas para o público xeral dos dezasete espectáculos que se sucederán no Pazo da Cultura entre os meses de setembro e novembro. Entre as diferentes propostas, tal e como avanzou a alcaldesa e presidenta do Padroado da Cultura, Marián Ferreiro, subiranse ao escenario do Pazo, entre outros, recoñecidos profesionais do sector, como o cómico Luis Zahera, os actores Carlos Blanco e Pepón Nieto, as actrices Nuria Espert e Candela Serrat… e será tamén o Pazo o lugar no que se estreará Berro, o no vo espectáculo de danza contemporánea da compañía Nova Galega Danza. “Unha vez máis, ofrecemos unha programación con propostas moi variadas e dirixidas a persoas de todas as idades, que esperemos que desfruten todas aquelas persoas que queiran achegarse ao Pazo da Cultura”, apuntou Ferreiro. A programación retomarase o día 23 de setembro con “Chungo”, o monólogo do galego Luis Zahera que se poderá ver ás 20.00 horas no Pazo e caracterizado por un humor moi diferente ao que se puido ver ata agora. Ese mesmo mes, o día 30 ás 20.00 horas, Nova Galega Danza estreará “Berro”, parte do proceso de crecemento vital, un fío condutor entre o noso interior e exterior. No mes de outubro a programación comezará o día 7 -20.00 horas- coa peza “La comedia de los errores”, unha proposta en cuxo elenco están actores como Pepón Nieto ou Víctor Clavijo, entre outros. A obra comeza cunha sentenza de morte na que despois todo se convirte nunha festa por erro. O domingo 8 -18.00 horas- será o turno do público infantil, con “Natanam”, unha proposta de danza contemporánea interpretada por dous amigos cómplices que se atopan nunha sala de xogos. Os días 13 e 14 -20.30 e 20.00 horas respectivamente- representarase “Sibarís”, adaptada por Lois e Carlos Blanco, este último actor, xunto con Oswaldo Digón nesta obra na que os protagonistas son Victor Morel, un escritor que non atravesa o seu mellor momento, e a súa muller Laura. O día 21 -20.00 horas- terá lugar o converto “Radio Vintage-Xira 2023” de Tennessee, cun amplo repertorio e máis de corenta anos de historia. O mes de novembro comezará tamén cun concerto, concretamente o día 3 -20.30 horas- do músico galego Miguel Lamas e Ardora, con propostas novidosas que fusionan varios estilos. O día 4 -20.00 horas- regresará ao Pazo o teatro coa peza “Búho”, protagonizada por un antropólogo forense, Pablo, que sofre un ictus que marcará a súa vida e o día 10 -20.30- haberá un concerto de jazz, “1917”, con A Vella Dixieland, unha banda que é todo un referente musical e que celebra o seu 40+1 aniversario. O sábado 11 de novembro será o turno de “Chicago life El musical” -20.00 horas- un gran show (para maiores de 18 anos) cun apaixoante guión orixinal e trepidantes coreografías con grandes voces en directo e unha excelente posta en escena e o domingo 12 poderase ver “El musical de Coco, ´Recuérdame´” -18.00 horas- para público familiar e infantil e que é o primeiro espectáculo musical baseado nunha das películas máis entrañables de todos os tempos, emocionando a espectadores de todas as idades. O xoves 16 de novembro -20.30 horas- poderase ver a peza de teatro clásico “Constante”, unha peza escrita polo chileno Guillermo Calderón e o uruguaio Gabriel Calderón en base a “El príncipe Constante”, de Pedro Calderón de la Barca. O día 18 -20.00 horas- será o turno de “La isla del aire”, con Nuria Espert e Candela Serrat entre o elenco e que narra unha viaxe en barca de cinco mulleres en Menorca. O público infantil poderá ver o día 19 -18.00 horas- “Ándale!! Buen apetito!!”, a reposición de “Bon Apettit” de Teatro Ghazafelhos, con Pepablo Patinho. As últimas propostas culturais da programación do Padroado da Cultura no mes de novembro no Pazo serán a fin de semana do 24 ao 26. O día 24 estarán no escenario Xabier Díaz & As Adufeiras de Salitre -20.30 horas-, con “As catedrais silenciadas”, o seu terceiro álbum, que actualiza diferentes tipos de formas musicais. O día 25 -20.00 horas- representarase a peza dramática “Unha inimiga do pobo”, protagonizada por Helena, unha doutora de prestixio internacional que regresa á súa vila natal para comezar unha nova etapa co seu compañeiro e o día 26 -18.00 horas- haberá teatro para a primeira infancia (de 6 meses a 5 anos), con “Nidos”, un espectáculo-árbore cargado de obxectos e maxia da compañía Teloncillo.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal