Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ORGANIZA UNHA NOVA EDICIÓN DE "NOITE NO MOSTEIRO" CUN ESPECTÁCULO DE ILUMINACIÓN E MÚSICA
A concelleira de Turismo, Natalia Hermida, explicou que os concertos de música sacra se sucederán entre as 22.30 e as 01.00 horas
Narón, 13 de xullo de 2023. A concelleira de Turismo, Natalia Hermida, informou hoxe da celebración dunha nova edición do evento “Noite no mosteiro”, organizado polo Concello e que se celebrará este sábado, día 15, no mosteiro de San Martiño de Xuvia (O Couto). A cita inclúe un espectáculo de iluminación artística interior e exterior do cenobio e música sacra no interior a partir das 22.30 horas. Hermida explicou que os concertos terán unha duración aproximada de vinte minutos cada un e avanzou que a capacidade do recinto é limitada. Os concertos, con entrada libre, sucederanse ata as 01.00 horas e haberá un descanso entre eles para proceder á renovación do aforo. “Esta convocatoria permitirá desfrutar dun dos elementos patrimoniais propiedade da igrexa e localizados na cidade de maior relevancia, un mosteiro declarado Ben de Interese Cultural –e que supón un destacado recurso turístico do Camiño Inglés ao seu paso por Narón”, subliñou a concelleira responsable da área. A edil de Turismo animou á cidadanía a desfrutar desta xornada “nun entorno inmellorable para celebrar este evento, ao que cada ano se achegan numerosas persoas da cidade e tamén procedentes doutros concellos”.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal