Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
OS MENORES SAHARAUÍS QUE PARTICIPAN NO PROGRAMA "VACACIÓNS EN PAZ" VISITARON HOXE AS INSTALACIÓNS DO SPEIS
A concelleira de Benestar Social, María Lorenzo, acompañou aos menores na visita, xunto con representantes da Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui e das familias de acollida
Narón, 2 de agosto de 2023. Os menores saharauís que participan no programa “Vacacións en paz” visitaron hoxe xunto coas súas familias de acollida as instalacións do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento (SPEIS) de Narón, no polígono de Río do Pozo. A concelleira de Benestar Social, María Lorenzo, e Maite Martínez, da Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, acompañáronos durante esta actividade, impulsada dende o Concello e na que tiveron a oportunidade de coñecer de primeira man o traballo que desenvolven os profesionais deste servizo e o material co que traballan. Os menores saharauís atenderon as explicacións teóricas e prácticas que lles ofreceron os bombeiros do SPEIS e, a maiores, tiveron a oportunidade de probar os cascos que utilizan, subirse a un dos camións e preguntar todo o que consideraron oportuno sobre o seu traballo. O Concello colabora coa Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui neste programa, no que se incluirá ademais este ano outra actividade, unha visita ás instalacións do Club de Remo, na Gándara, o vindeiro mércores. Dende o pasado mes de xullo e ata comezos de setembro as nenas e nenos saharauís permanecerán coas familias de acollida, antes de regresar de novo aos campamentos de refuxiados de Tinduf, en Arxelia.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal