Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO AVANZA NO CONTROL DAS COLONIAS FELINAS DA CIDADE A TRAVÉS DO PROXECTO DE VOLUNTARIADO DE CAPTURA, ESTERILIZACIÓN E RETORNO
A alcaldesa, Marián Ferreiro, e o edil de Medio Ambiente e Sanidade, Manuel Ramos, reuníronse con representantes deste proxecto
Narón, 4 de agosto de 2023. O Concello acolleu unha reunión cun grupo de voluntarias do proxecto Captura, esterilización e retorno (CER), que foron recibidas pola alcaldesa, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Medio ambiente e Sanidade, Manuel Ramos e persoal técnico. O goberno local mantén un convenio de colaboración coa asociación Cometa no que se enmarca o citado proxecto, que permite ter controladas as colonias felinas na cidade grazas á xestión que realizan as voluntarias alimentando aos gatos e capturándoos para proceder a esterilizalos e evitar a súa reproducción incontrolada, tal e como indicou Ferreiro. “Queremos poñer en valor o traballo deste equipo de voluntarias porque é fundamental para promover unha convivencia responsable e mellorar a saúde e calidade de vida dos felinos”, apuntou a rexedora local. O edil de Medio Ambiente recordou que está prohibido (baixo posible sanción), alimentar aos gatos destas colonias ou facerlles daño e tamén danar o material que utilizan as mulleres que, baixo o pertinente control, os alimentan. “Os gatos ferais en ocasións acaban malvivindo na rúa pola irresponsabilidade dos seus propietarios, que non os identifican nin esterilizan, podendo perderse ou en ocasións abandoándoos directamente, o que provoca que acaben integrados en colonias nas que se reproducen sen control”, tal e como indicou o edil. Dende o Concello recordouse que para loitar contra o desamparo destes animais, a Lei de protección dos dereitos e Benestar dos animais inclúe a obriga dos propietarios de gatos de identificalos con microchip e esterilizalos quirúrxicamente antes dos seis meses de vida. Os incumprimentos desta normativa, que entrará en vigor o vindeiro mes de setembro, implican sancións que en caso de calificarse como graves poden acadar un mínimo de 10.001 euros. “É fundamental regularizar a situación dos animais e, neste caso concreto, identificar e/ou esterilizar aos gatos”, apuntaron. As persoas que habitualmente dan de comer a animais nunha casa ou finca adquiren a condición de posuidores dos mesmos e teñen as mesmas obrigas que os propietarios, tal e como se indicou. Nos casos máis extremos, de abandono ou maltrato animal considéranse infraccións moi graves e poden ser tipificadas como delito. As persoas interesadas en colaborar como voluntarios/as poden contactar coa asociación Cometa, a través da dirección: correo@asociacioncometa.org ou do teléfono 617 040 992. En virtude ao convenio co Concello enmárcanse accións como a sinalización das colonias felinas, a identificación das persoas que alimentan aos gatos desas colonias, difusión de material e campañas, entre outras.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal