Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
UNHA UNIDADE MÓBIL PARA A DOAZÓN DE SANGUE ESTARÁ OS DÍAS 22 E 23 DE AGOSTO NA CIDADE
O vehículo estará operativo nas inmediacións do novo centro de saúde e da praza da Constirución (A Solaina)
Narón, 8 de agosto de 2023. Unha unidade móbil da Axencia para a Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) desprazarase os días 22 e 23 de agosto á cidade. A unidade estará operativa na xornada do 22 nas inmediacións do novo centro de saúde, dende as 09.30 ata as 14.30 horas e, en horario de tarde, de 15.30 a 21.00. O día 23 a unidade estará situada nesa mesma ubicación dende as 09.30 ata as 14.30 horas e pola tarde desprazarase de 15.30 a 21.00 á Praza da Constitución, na Solaina. Antes da doazón é preciso almorzar e no caso de xantar, deberán agardar dúas horas para realizar a extracción. Antes de doar haberá que presentar ao persoal da unidade móbil a tarxeta de doazón, o DNI ou algún documento similar e informar no caso de que se estea tomando algún medicamento. Poden acudir a doar as persoas maiores de 18 anos e que pesen máis de 50 quilos. Para solicitar máis información sobre a campaña pódese chamar –de balde- ao número de teléfono 900 100 828.

<<< Maio 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal