Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
AS FORMACIÓNS "CALDO" E "TESOURO" ACTUARÁN ESTE SÁBADO NA CUARTA EDICIÓN DO PROGRAMA NOITES Á FRESCA
A concelleira de Festas, Mar Gómez, recordou que o evento se desenvolverá xunto ao magnolio centenario de Xuvia
Narón, 5 de setembro de 2023. Dúas agrupacións musicais, Caldo e Tesouro, actuarán este sábado, día 9, nas inmediacións do magnolio de Xuvia no marco do programa Noites á fresca. Así o recordou a concelleira de Festas, Mar Gómez, que indicou que a convocatoria é “unha das citas festivas xa consolidadas no calendario de eventos desta cidade, ofrecendo nesta ocasións dúas propostas musicais e un espectáculo lumínico nun espazo dos máis representativos da cidade, nunha zona de paso do Camiño Inglés e xunto ao magnolio centenario de Xuvia”. Os concertos, apuntou son con entrada de balde. A formación Caldo intégrana María Jorge (violín), Anaïs Barbier (voz e pandeireta) e Pedro Fariñas (guitarra), un trío centrado na música tradicional e con contextos sonoros contemporáneos a través dos instrumentos. A actuación deste grupo dará comezo ás 21.00 horas. “Lugar A Ponte” é o título do segundo álbum da formación, do que se poderán escoitar en directo os seus temas neste concerto. A continuación, sobre as 22.15 horas actuará a formación Tesouro, integrada por Carlos Rego (vocalista e guitarrista), Daniel Alonso (baixista) e Aser Álvarez (batería). A formación presentará tamén no ciclo Noites á fresca o seu novo proxecto, que se presenta como moi conmovedor.
Más fotos de la noticia

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal