Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
OS CONCERTOS DO PROGRAMA "NOITES Á FRESCA" DESENVOLVERANSE ESTE SÁBADO NO CAFÉ TEATRO DO PAZO DA CULTURA
A concelleira de Festas, Mar Gómez, informou que a entrada será libre ata completar a capacidade do Café Teatro
Narón, 7 de setembro de 2023. As previsións meteorolóxicas para a xornada deste sábado, día 9, levaron ao Concello a trasladar a celebración dos concertos do programa “Noites á fresca” ao Café Teatro do Pazo da Cultura, tal e como indicou a concelleira de Festas, Mar Gómez. As persoas que desexen asistir poderán facelo, de balde, ata completar o aforo do Café Teatro. O primeiro dos concertos será o da formación “Caldo” e dará comezo ás 21.00 horas. María Jorge (violín), Anaïs Barbier (voz e pandeireta) e Pedro Fariñas (guitarra), ofrecerán ao público a súa música tradicional e temas do seu último traballo, un álbum que leva por título “Lugar A Ponte”. A continuación, sobre as 22.30 horas subirase ao escenario a formación Tesouro, integrada neste caso por Carlos Rego (vocalista e guitarrista), Daniel Alonso (baixista) e Aser Álvarez (batería), Os temas do seu novo proxecto amenizarán a sesión musical que protagonizará esta agrupación. Gómez animou á veciñanza a acudir a estes concertos, “que ofrecerán de balde música de calidade, no que constitúe unha aposta máis deste Concello por fomentar e difundir a música tradicional”.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal