Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
UNHA TRINTENA DE ANTICUARIOS PARTICIPARÁN ESTA FIN DE SEMANA NA "II FEIRA DE ANTIGÜIDADES, COLECCIONISMO E VINTAGE"
O evento desenvolverase no Pavillón da Mocidade, na Gándara, e a entrada é de balde, tal e como recordou a edil de Feiras, Mar Gómez
Narón, 8 de setembro de 2023. A segunda edición da “Feira de antigüidades, coleccionismo e vintage” celebrarase esta fin de semana, mañá e o domingo, nas instalacións do pavillón da Mocidade, na Gándara. A concelleira de Feiras, Mar Gómez, recordou que participarán no evento, con entrada de balde, unha trintena de anticuarios e anticuarias. O Consistorio organiza a convocatoria xunto coa asociación Ferro Vello. A feira abrirá as súas portas nas dúas xornadas en horario de mañá e tarde, dende as 10.00 ata as 14.30 e de 16.30 a 21.00. Durante este tempo as persoas que se acheguen ao pavillón da Mocidade poderán ver artículos e pezas antigas como vinilos, selos, arte sacra, mobiliario, obxectos de decoración, publicacións… que traerán os responsables dos postos, procedentes de concellos de Galicia e tamén do País Vasco, Castela León, Asturias e Portugal, entre outros. “Durante estes dous días poderanse ver e adquirir unha ampla variedade de produtos nesta feira, un evento que é tamén un referente na zona para o sector e que tivo unha excelente acollida na súa primeira edición tanto entre as naronesas e naroneses como entre persoas chegadas doutros concellos”, asegurou Gómez.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal