Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ASOCIACIÓN TERRA RENDIBLE CONVOCA CATRO ACTIVIDADES ENMARCADAS NO CONVENIO CO CONSISTORIO
A concelleira de Promoción Económica, Olga Ameneiro, presentou esta mañá acompañada de Francisco Javier Castro, presidente de Terra Rendible, Jesús López e Laura Millet, tesoureiro e técnico forestal da entidade, as catro accións
Narón, 17 de outubro de 2023. A concelleira de Promoción Económica, Olga Ameneiro, presentou esta mañá acompañada de Francisco Javier Castro, presidente de Terra Rendible, Jesús López e Laura Millet, tesoureiro e técnico forestal da entidade, catro accións que se levarán a cabo a través do convenio co Concello de Narón. As persoas que desexen acudir poden anortarse, de balde, a través do mail: info@terrarendible.gal ou do número de teléfono 622 655 769. A primeira das propostas dará comezo mañá –para a que aínda quedan algunhas vacantes das quince prazas ofertadas-, nas instalacións da Cooperativa do Val, onde se levará a cabo en tres xornadas, tamén este xoves e venres, un curso de cosméticos caseiros. As persoas que acudan aprenderán a elaboración básica de produtos cosméticos naturais usados no aseo persoal (xabón e champú, cremas, desodorizante, bálsamo labial…) e, para iso, recoñecerán as principais herbas do contorno medicinais e aromáticas, e a extracción dos principios curativos e aromáticos. As sesións levaranse a cabo de 16.30 a 20.30 horas. O vindeiro 21 de outubro organizouse unha visita ao muíño de aceite Pazo de Pergullal, en Salceda de Caselas, con saída da cidade ás 8.30 e regreso previsto sobre as 17.00 horas. Nesta xornada visitarase o xardín e o muíño de aceite das citadas instalacións e haberá tamén unha degustación de viños, aceites e unha xelatina elaborada a base de viño. Tamén este mesmo mes, os días 27 e 28 e o 3 e 4 de novembro se desenvolverá outra acción formativa, nesa ocasión un curso sobre introducción á olivicultura. As instalacións da cooperativa do Val acollerán a convocatoria, fixada para os venres de 17.30 a 21.00 e os sábados en horario de mañá e tarde, de 10.00 a 13.30 e dende as 15.30 ata as 18.30 horas. O biólogo e presidente de Amiaquigal José Espinosa será o encargado de impartir esta acción formativa, que oferta 30 prazas. Finalmente, os días 20, 22, 24, 27 e 29 de novembro levarase a cabo un curso básico de aplicador manipulador de fitosanitarios, tamén nas instalacións da cooperativa do Val. En horario de tarde, de 16.00 a 21.00, os participantes –un máximo de 25 persoas- acudirán ás clases de persoal técnico da entidade Axiña Sociedade Cooperativa Galega. Ao remate haberá un exame no CEFA de Guísamo, nunha data a determinar dende a administración autonómica pero que se avanzou que será na semana do 11 ao 15 de decembro deste ano. Dende o Concello e Terra Rendible agradeceron a colaboración da Cooperativa do Val no desenvolvemento das accións formativas e animaron á cidadanía a inscribirse nestes cursos e na viaxe programada ao Pazo de Pergullal.

<<< Maio 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal