Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PUNTO INFORMATIVO SOBRE A PREVENCIÓN DO ACOSO ESCOLAR ESTIVO OPERATIVO ESTA SEMANA EN VARIAS UBICACIÓNS DA CIDADE
A concelleira de Cooperación no Ensino, Olga Ameneiro, visitou onte o punto ubicado no Pazo da Cultura
Narón, 20 de outubro de 2023. A concelleira de Cooperación no Ensino, Olga Ameneiro, visitou na tarde de onte o punto informativo sobre o acoso escolar que entre as 10.00 e as 13.00 horas estivo operativo no Pazo da Cultura. Trátase dunha iniciativa impulsada a través desta área e coa que se aposta por ofrecer información á cidadanía en xeral sobre os recursos preventivos dispoñibles dende as administracións para loitar contra o acoso escolar. O punto informativo estará este mes en diferentes ubicacións da zona urbana e rural da cidade, tal e como recordou a edil naronesa. Esta mesma semana, estivo tamén nas instalacións do complexo polideportivo municipal da Gándara e na zona do Estadio de Río Seco. Trala entrega do material informativo, as persoas que se achegan teñen a oportunidade de respostar a unha enquisa sobre esta temática a través do teléfono móbil, na que se preguntan varias cuestións vencelladas a este problema para realizar un estudo ao final da campaña coa información recibida. As vindeiras citas programadas son o vindeiro luns, día 23, nas inmediacións do centro de saúde do Val -10.00 a 13.00-; o martes 24 xunto ao centro de saúde do Alto -10.00 a 13.00-; o día 25 de novo no Pazo da Cultura -17.00 a 20.00-; o 26 tamén por segunda ocasión no complexo polideportivo municipal da Gándara -17.00 a 20.00- e o 31 deste mes nas inmediacións do novo centro de saúde -10.00 a 13.00-. Para obter máis información sobre estas actuacións impulsadas dende o goberno local as persoas interesadas poden dirixirse ao Servizo Sociocomunitario Municipal, no primeiro andar do Concello; chamando ao número de teléfono 981 337 700 (extensións 1122, 1108 e 1109) ou escribindo un correo electrónico á dirección: omix@naron.gal.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal