Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
MINUTO DE SILENCIO ANTE O CONCELLO EN REPULSA DO CRIME DE ELISA ABRUÑEDO
Á concentración convocada dende o goberno local acudiron representantes da corporación e persoal do Concello
Narón, 20 de outubro de 2023. O voceiro do goberno local, Román Romero, presidiu este mediodía, ás 12.00, a concentración convocada ante o Consistorio na que se gardou un minuto de silencio en condena do crime de Elisa Abruñedo, unha veciña de Cabanas violada e asasinada hai dez anos por Roger Serafín Rodríguez, residente en Narón dende hai uns anos e autor confeso do crime. No transcurso da convocatoria, á que acudiron representantes da corporación local e persoal do Concello, gardouse un minuto de silencio en repulsa da violencia e como mostra de solidariedade coa familia e amizades da vítima. O voceiro do grupo de goberno e os edís da corporación local portaron unha pancarta co lema: “Contra a violencia de xénero”. Dende o Consistorio destacouse o labor da Garda Civil e do resto de persoal que durante todos estes anos continuou desenvolvendo o seu labor para esclarecer este asasinato.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal