Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A BIBLIOTECA E A AXENCIA DE LECTURA DA GÁNDARA ACOLLEN DENDE HOXE A INICIATIVA "TROCOLIBRO"
A concelleira de Bibliotecas, Olga Ameneiro, recordou que os actos centrais do Día Internacional das Bibliotecas se celebrarán este sábado na praza de Galicia
Narón, 23 de outubro de 2023. A iniciativa “Trocolibro” comeza hoxe e continuará ata o venres 27 nas instalacións da Biblioteca municipal e da Axencia de lectura da Gándara. Así o indicou a concelleira responsable da área, Olga Ameneiro, que explicou que no horario de apertura das instalacións as persoas que o desexen poderán levar de balde libros que a Biblioteca non incorporou aos seus fondos. A proposta inclúe ademais, tal e como apuntou a edil, a posibilidade de que as usuarias e usuarios das instalacións deixen nesas mesas algúns libros que xa non utilicen, para que os poidan levar outras persoas. Cada participante nesta proposta de “Trocolibro” poderá levar e/ou deixar un máximo dunha publicación cada día. A actividade enmárcase no programa do Mes da Biblioteca, que contempla unha gran variedade de actividades dirixidas a persoas de todas as idades e que se organizou para celebrar o día 28 deste mes, o Día Internacional das Bibliotecas, que se conmemora mañá. Entre esas actividades inclúense ademais visitas guiadas ás instalacións tanto da Biblioteca municipal como da Axencia municipal de Lectura da Gándara, unha iniciativa para a que se abriu esta mañá o prazo de inscrición. As visitas terán lugar este xoves e venres na Biblioteca do Alto –ás 18.00 e 17.00 horas, respectivamente- e haberá outra o venres -17.30 horas- á Axencia municipal de Lectura da Gándara. Aquelas persoas interesadas en coñecer máis polo miúdo tanto as instalacións como os servizos prestados poden anotarse presencialmente ou chamando por teléfono ao número 981 382 173. Mañá mesmo celebrarase pola tarde, ás 18.00 horas, na Biblioteca un obradoiro de decoración para o Día Internacional das Bibliotecas –para o que aínda quedan algunhas vacantes, podendo anotarse na Biblioteca ou no teléfono indicado anteriormente-, no que se confeccionarán dúas grilandas de temática relacionada co libro e a lectura que se poderán ver este mesmo sábado no acto central do Día Internacional das Bibliotecas. A cita do día 28 terá lugar en horario de mañá e tarde, de 11.00 a 14.00 e dende as 17.00 ata as 20.00 horas na Praza de Galicia, onde se sucederán contacontos e espectáculos de maxia. “Estas actividades súmanse ás celebradas dende o pasado día 7 para conmemorar o Día Internacional das Bibliotecas, unha xornada que se conmemora mañá pero sobre a que un ano máis quixemos adicar todo un mes para complementar a programación municipal anual nesta área, pensada para toda a cidadanía”, recalcou a concelleira.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal