Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
AS ACTIVIDADES DA "III SEMANA DA SEGURIDADE" COMEZARON HOXE CON MÁIS DUN CENTENAR DE ALUMNADO DO IES AS TELLEIRAS
O concelleiro de Seguridade Cidadá, José Oreona, asistiu hoxe ao inicio desta iniciativa
Narón, 23 de outubro de 2023. As actividades programadas dende o Concello para conmemorar a terceira edición da Semana da Seguridade comezaron esta mañá no IES AS Telleiras. Preto de medio cento de alumnas e alumnos do centro implicáronse nesta convocatoria, que inclúe tres accións concretas e que se desenvolverá tamén esta semana no IES Terra de Trasancos –mañá e o mércores- e nos colexios Santiago Apóstol e Ayala –o xoves e o venres, respectivamente-. O concelleiro de Seguridade Cidadá, José Oerona, desprazouse esta mañá ao instituto das Telleiras para asistir ao inicio destas propostas, encamiñadas a ofrecer coñecementos e ferramentas relacionadas coa seguridade en diferentes áreas. As actividades, deseñadas dende o equipo de Educación Viaria de Narón en coordinación co SPEIS de Narón e o club Basketmi, diríxense a alumnado de primeiro e segundo curso da ESO e inclúen ademais un obradoiro aberto á cidadanía en xeral que terá lugar este venres, de 11.30 a 13.30 horas na Praza da Igualdade, na Gándara (en caso de choiva realizarase no interior do colexio Santiago Apóstol, tamén na Gándara). A convocatoria precisa inscrición previa, podendo realizala facilitando o nome completo e un teléfono de contacto, na oficina do equipo de Educación Viaria do Concello de Narón, no acceso ao Concello, chamando por teléfono aos números: 666 438 222 ou 600 448 730 ou escribindo un correo electrónico á dirección: seguridadevial@naron.gal. Os escolares participaron dende as 9.00 ata as 13.45 horas, por quendas, nun obradoiro de autoprotección e comportamentos seguros, outro de primeiros auxilios e un terceiro para coñecer o mundo sobre unha cadeira de rodas. Os principios básicos da autoprotección e os comportamentos seguros para actuar en casos de emerxencia (incendios, evacuacións…); a conduta PAS (protexer, alertar e socorrer), a técnica de reanimación cardiopulmonar, a manobra de Heimlich e a análise de posibles causas polas que unha persoa pode ter que facer uso dunha cadeira de rodas forman parte dos contidos destes espazos da Semana da Seguridade. “Hoxe participaron as primeiras alumnas e alumnos e estamos moi satisfeitos co resultado. As condicións meteorolóxicas obrigáronnos a un cambio de ubicación no propio centro pero puidemos desenvolver os obradoiros con normalidade”, asegurou Oreona. O edil animou á cidadanía a anotarse no aberto á cidadanía en xeral “para poder achegar eses coñecementos sobre seguridade á maior parte de poboación posible”.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal