Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
PRETO DE 6.500 ESCOLARES ASISTIRÁN ÁS REPRESENTACIÓNS DA "39ª MOSTRA DE TEATRO INFANTIL E XUVENIL"
A alcaldesa, Marián Ferreiro, destacou a importancia do evento e a aposta do Concello pola cultura en xeral e o teatro en particular
Narón, 26 de outubro de 2023. O Pazo da Cultura acolle dende o pasado luns a trixésimo novena edición da “Mostra de Teatro Infantil e Xuvenil” organizada polo Padroado da Cultura de Narón en colaboración coa Deputación da Coruña. A alcaldesa da cidade e presidenta do Padroado da Cultura, Marián Ferreiro, explicou que asistirán ás representacións programadas un total de 6.481 alumnas e alumnos de terceiro e cuarto da ESO, Bacharelato e Ciclos de centros de ensino de Narón e comarca. Participan nesta edición da MOTIX os IES das Telleiras e Terra de Trasancos de Narón, o CPI do Feal, os CPR Santiago Apóstol, Jorge Juan e Ayala e a asociación Saúde Mental Ferrol, Eume e Ortegal. A maiores, da comarca tamén asistirá alumnado do centro Rodolfo Ucha e do IES Catabois, de Ferrol, do colexio da Xunqueira, de Fene e do centro As Mirandas, de Ares. Un total de catro compañías representarán outras tantas obras nas vinte funcións programadas no Pazo da Cultura para esta edición, que rematarán o vindeiro 22 de novembro. Esta semana, o luns e onte, a compañía Talía Teatro representou a peza “A parábola do angazo” e a programación continuará xa no mes de novembro, os días 7, 8 e 9, coa compañía Mar-Mar-Teatro e a obra “Un pez en el corazón”. A estas representacións seguiranlle as dos espectáculos “Hugo”, da compañía Os náufragos teatro, os días 14 e 15 de e “Ándale!!! Buen apetito!!!” de Ghazafelhos, os días 20, 21 e 22 de novembro. Así mesmo, os días 7, 8 e 9 de novembro o Auditorio municipal acollerá o espectáculo “Un pez en el corazón”, a cargo da compañía vasca Mar-Mar e que se dirixe a público infantil. “A maiores do labor que se desenvolve con esta mostra no que se refire á difusión e o acceso á cultura, en concreto ao teatro neste caso, tamén hai que destacar o respaldo que con este evento se ofrece a compañías teatrais galegas, de onde proceden tres das catro participantes”, apuntou Ferreiro. A alcaldesa recalcou o papel da cidade “no ámbito da cultura, no que nos mantemos como un referente non só a nivel comarcal, onde continuaremos apostando firmemente pola formación e a difusión en diferentes áreas tal e como vimos facendo dende hai moitos anos”.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal