Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
APROBADAS NO PLENO AS MOCIÓNS PRESENTADAS POR TERRA GALEGA INSTANDO Á XUNTA E Á DEPUTACIÓN A INCORPORAR NO SEU ORZAMENTO INVESTIMENTOS PARA NARÓN
Os edís de TEGA, BNG e PSOE aprobaron a moción presentada polos nacionalistas esixindo á Xunta melloras no servizo de transporte por estrada na comarca
Narón, 26 de setembro de 2023. Na sesión plenaria celebrada esta tarde, dende as 19.00 horas, no Concello aprobáronse dúas mocións presentadas por Terra Galega instando á Xunta de Galicia e á Deputación da Coruña a incluir nos seus orzamentos do vindeiro ano investimentos específicos para a cidade. Na presentada sobre a Xunta, coa abstención dos edís do PP, saíu adiante reiterar algunhas das demandas xa plantexadas en anos anteriores, tal e como recordou o voceiro de TEGA, Román Romero. Un centro municipal de atención ás persoas maiores, un centro integrado de Formación Profesional, a ampliación da escola de Sedes, a xestión das escolas infantís por parte da Xunta, a implantación dunha liña de transporte urbano que comunique os barrios da Gándara e a Solaina co centro de saúde e os institutos locais forman parte de esas demandas. No que respecta á moción presentada sobre os orzamentos da Deputación, que foi aprobada por unanimidade, TEGA solicita, entre outras actuacións, a construción das beirarrúas da estrada do Feal, o ensanchamento da estrada de San Xiao, a renovación de beirarrúas na avenida Souto Vizoso e na Concepción Arenal, avenida de Santa Icía e estrada da Gándara, sendas peonís en Santa Margarida, na estrada do Trece e en Castro, entre outras actuacións. Así mesmo, na sesión aprobouse unha moción sobre sobre a situación do transporte na comarca, denunciando a voceira do partido, Olaia Ledo, os problemas que padece o servizo e que afectan á veciñanza. Dende a formación, reclamouse á Xunta, co apoio de todos os edís menos os populares que se abstiveron, unha solución urxente a estes problemas. Instarase tamén á Xunta a reforzar o servizo de transporte escolar de Bacharelato para a mocidade do rural e a incluír no convenio de transporte metropolitano unha liña aos polígonos de Río do Pozo e As Lagoas. Na sesión plenaria saíu adiante unha modificación de crédito a través da que se procederá a sufragar unha serie de actuacións, entre elas a aportación municipal ao Laboratorio da enerxía, actuación enmarcada nos fondos europeos Next Generation e á que o Consistorio achegará 51.560 euros. No pleno acordouse tamén renunciar a participar o servizo de Normalización Lingüística do Concello coa Mancomunidade na solicitude dunha subvención á Deputación para crear e manter ese servizo o vindeiro ano. A maiores, tamén saíu adiante a proposta de aprobación da prórroga do convenio Memorial Adolfo Ros, ao que se realizará unha achega de 4.198 euros. O Plan Normativo correspondente a 2024 foi outro dos asuntos aprobados por unanimidade na sesión plenaria. No apartado de mocións aprobouse tamén a presentada polo PSOE instando á Xunta a asumir a xestión da prestación do servizo de madrugadores o vindeiro curso en solitario ou a través dun convenio de colaboración co Concello. Dende os tres grupos da oposición acordouse tamén que no caso de que a Xunta denegue o servizo ou non se coñeza predisposición a facelo realizable, tal e como consta na moción, o Concello de Narón sexa o que continúe asumindo os custes do servizo, cuxa competencia é da Xunta de Galicia.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal