Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A PRAZA DE GALICIA ACOLLERÁ MAÑÁ O ACTO CENTRAL DO DÍA INTERNACIONAL DA BIBLIOTECA
A concelleira de Bibliotecas, Olga Ameneiro, animou ás veciñas e veciños a celebrar esta data coas actividades programadas dende o Consistorio
Narón, 27 de outubro de 2023. Un ano máis a Praza de Galicia acollerá a celebración, mañá sábado, do acto central programado dende o Concello para conmemorar o Día Internacional das Bibliotecas. En horario de mañá e tarde sucederanse, baixo unha carpa instalada na zona, unha serie de propostas pensadas para todo tipo de públicos, tal e como recordou a concelleira responsable da área de Bibliotecas, Olga Ameneiro. Ás 11.30 comezará a programación cun obradoiro para bebés (0 a 3 anos) “Carapuchiña vermella e os cinco lobiños”, a cargo da lucense Ángeles Goás e con música de Cristina Castro. A continuación, sobre as 12.00 horas, dará comezo a segunda das propostas matinais, o contacontos infantil (a partir de 2 anos) “Os contos do traxugas”, de César Nó protagonizado por un raposo, unha gata e moitas sorpresas. Pola tarde, ás 17.00 iniciarase un obradoiro –para o que había que inscribirse previamente- de maxia co Mago Noel (para menores de 6 a 10 anos) e ás 18.30 horas o espectáculo de maxia (para todos os públicos) “Que curioso!”, protagonizado tamén por este mago e ilusionista pontevedrés. A edil naronesa animou ás veciñas e veciños a achegarse á Praza de Galicia para desfrutar da programación e celebrar conxuntamente unha data tan especial como o Día Internacional das Bibliotecas, que se conmemora cada 24 de outubro.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal