Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NUN CURSO DE "EDICIÓN DE IMAXES CON GIMP"
O concelleiro de Novas Tecnoloxías, Román Romero, indicou que a acción formativa se desenvolverá este mes na Aula Cemit de Xuvia
Narón, 2 de novembro de 2023. O concelleiro de Novas Tecnoloxías, Román Romero, recordou que continúa aberto o prazo de inscrición nun curso de “Edición de imaxes con GIMP”, que se desenvolverá nas instalacións da Aula Cemit de Xuvia. As persoas interesadas en inscribirse poden facelo a través da plataforma Cemit, no enlace: https://cemit.xunta.gal/es/formacion/formacion-presencial/43003. O edil naronés informou que se ofertan un total de doce prazas e que o curso consta de 60 horas, que se impartirán do 9 ao 30 deste mes en horario de tarde, de 16.00 a 20.00. Trátase dunha acción formativa de carácter presencial sobre a temática de audio, imaxe e vídeo. O alumnado aprenderá técnicas básicas para retocar e restaurar imaxes, redimensionalas, deseñar logos… a través deste software de edición de imaxes libre pensado como editor de fotografías e outras imaxes dixitais.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal