Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PADROADO DA CULTURA E A AVV "OS IRMANDIÑOS" CELEBRAN O MAGOSTO ESTE SÁBADO NA PARROQUIA DO VAL
A degustación de castañas, liscos con pan de millo e arenques dará comezo ás 20.30 horas
Narón, 2 de novembro de 2023. O Padroado da Cultura e a AVV Os Irmandiños, do Val, celebrarán a programación do Magosto na citada parroquia este sábado, día 5. O pavillón polideportivo do Val acollerá dende as 18:00 horas as propostas deseñadas para a ocasión, que se iniciarán cuns obradoiros de xogos tradicionais e populares dirixidos a persoas de diferentes idades. A celebración continuará ás 20:00 horas, coa actuación dos grupos de baile tradicional do Padroado da Cultura e ás 20:30 horas dará comezo a tradicional degustación de castañas e liscos con pan de millo. As veciñas e veciños encargaranse de asar 200 quilos de castañas e cociñar 100 quilos de liscos que se servirán acompañados de pan de millo -70 quilos-. A maiores, como novidade este ano, cociñaranse tamén uns 200 arenques que se servirán tamén de balde ás persoas que se acheguen ao Magosto do Val. Finalmente, ás 21:00 horas, actuará a Banda de Gaitas do Padroado da Cultura. Dende a entidade veciñal indicaron que durante toda a tarde se habilitará un espazo no interior do pavillón polideportivo no que as persoas que o desexen poderán doar alimentos que se entregarán ao Centro de Recursos Solidarios de Narón. En canto ás preferencias, solicítase que a ser posible se doen: tomate fritido, fiambres envasados ao vacío, potitos para bebés, salchichas, conservas de fabada ou albóndigas, cereais para os almorzos, chocolate, produtos de hixiene feminina e champú, se ben se pode doar o que cada persoa estime oportuno. Dende o Concello e a AVV Os Irmandiños agradecen de antemán as posibles doazóns.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal