Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O MAGOSTO DO VAL CELEBRARASE ESTE SÁBADO NO PAVILLÓN POLIDEPORTIVO DA PARROQUIA
A celebración, organizada polo Padroado da Cultura e a AVV "Os Irmandiños" do Val, tivo que aprazarse debido ao paso da borrasca Ciarán
Narón, 14 de novembro de 2023. O tradicional magosto do Val, organizado polo Padroado da Cultura e a AVV Os Irmandiños, do Val, celebrarase finalmente este sábado, día 18, no pavillón polideportivo da parroquia. A cita gastronómica, prevista para o pasado día 5, tivo que aprazarse debido ao paso da borrasca Ciarán, e retomarase esta semana, tal e como se indicou dende a organización. A programación manterase tal e como estaba prevista inicialmente, comezando ás 18:00 horas cuns obradoiros de xogos tradicionais e populares dirixidos a persoas de todas as idades. Ás 20:00 horas actuarán os grupos de baile tradicional do Padroado da Cultura e ás 20:30 horas dará comezo a tradicional degustación de castañas e liscos con pan de millo. Nesta ocasión, veciñas e veciños da parroquia asarán 200 quilos de castañas e cociñarán 100 quilos de liscos que se servirán acompañados de pan de millo -70 quilos-. A maiores, como novidade este ano, cociñaranse tamén uns 200 arenques que se servirán tamén de balde ás persoas que se acheguen ao Magosto do Val. Finalmente, ás 21:00 horas, actuará a Banda de Gaitas do Padroado da Cultura. No pavillón polideportivo habilitarase un espazo para as persoas que poidan doen alimentos que se entregarán ao Centro de Recursos Solidarios de Narón. En canto ás preferencias, solicítase que: tomate frito, friames, envasados ao vacío, potiños para bebés, salchichas, conservas de fabada ou albóndegas, cereais para os almorzos, chocolate, produtos de hixiene feminina e champú, se ben se pode doar o que cada persoa estime oportuno. Dende o Padroado da Cultura e a AVV “Os Irmandiños” animan á veciñanza a acudir á festividade e agradecen de antemán as posibles doazóns que se realicen para o Centro de Recursos Solidarios de Narón.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal