Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA PARTICIPAR NO OBRADOIRO "SEMENTANDO FUTURO"
A concelleira de Política Lingüística, María Lorenzo, indicou que a actividade se desenvolverá este sábado no Centro Cívico Social do Couto
Narón, 14 de novembro de 2023. O Concello mantén aberto o prazo para inscribirse no obradoiro “Sementando futuro”, dirixido a menores de 6 a 12 anos e que se desenvolverá este sábado, día 18, no Centro Cívico Social do Couto, de 11:00 a 12:00 horas. O Servizo de Normalización Lingüística de Narón organiza esta actividade a través da Concellería de Política Lingüística, dirixida pola edil María Lorenzo. O obradoiro conta cun total de quince prazas para menores, que deberán ir acompañados dunha persoa adulta. Durante o mesmo empregarán materiais de refugallo achegados polos asistentes e sementes autóctonas, para coñecer dun xeito lúdico os pasos correctos para crear e manter un viveiro propio de árbores autóctonas. As persoas interesadas en asistir poden inscribirse a través do correo: a.pita@naron.gal, indicando o nome da actividade, o nome e idade do neno ou nena e o nome da nai, pai ou persoa acompañante, un enderezo electrónico e un teléfono de contacto.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal