Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CENTRO CÍVICO SOCIAL DO ALTO ACOLLERÁ O VINDEIRO 1 DE DECEMBRO A CHARLA "TOPONIMÍZATE"
A concelleira de Política Lingüística, María Lorenzo, avanzou que se falará sobre a riqueza toponímica e a importancia da súa protección e difusión
Narón, 14 de novembro de 2023. A concelleira de Política Lingüística, María Lorenzo, informou que o vindeiro 1 de decembro se celebrará no Centro cívico social do Alto unha charla da Real Academia Galega, “Toponimízate”, impulsada dende a propia RAG e a Secretaría Xeral de Política Lingüística en colaboración co Concello. A edil naronesa avanzou que Vicente Feijoo, coordinador técnico do Seminario de Onomástica da RAG, será a persoa encargada de impartir a charla a partir das 19:00 horas. O valor da riqueza toponímica, a importancia da súa recolleita, protección e difusión, o significado de diferentes topónimos do Concello de Narón ou o funcionamento da plataforma Galicia Nomeada, unha aplicación colaborativa para implicar á cidadanía na recolleita xeorreferenciación e difusión da microtoponimia galega, son algúns dos temas que se abordarán na convocatoria. O programa “Toponimízate, Falámosche dos nomes da túa terra” chega a Narón a través da Rede de Dinamización Lingüística, unha asociación da que forma parte o Concello dende o ano 2017 e que congrega a entidades con competencia na promoción do uso da lingua galega no ámbito local A edil naronesa destacou precisamente a implicación do Consistorio naronés na colaboración para a salvagarda da toponimia galega, polo que animou a acudir á charla a todas as persoas interesadas, ata completar a capacidade da sala. A concelleira de Política Lingüística de Narón será a persoa encargada de presentar a Vicente Feijoo ao inicio do acto.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal