Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
PERSOAL VOLUNTARIO DE PROTECCIÓN CIVIL PARTICIPOU NUN CURSO IMPULSADO DENDE A ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE PÚBLICA
O concelleiro de Seguridade Cidadá e SPEIS, José Oreona, destacou os contidos abordados na parte teórica e práctica da convocatoria
Narón, 7 de setembro de 2023. Un total de 23 integrantes da agrupación de voluntarios de Protección Civil de Narón acudiron a un curso impulsado dende a Academia Galega de Seguridade Pública nas instalacións do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento (SPEIS) de Narón. O concelleiro de Seguridade Cidadá e SPEIS, José Oreona, explicou que se trata dunha convocatoria programada coa finalidade de dotar ao colectivo da “formación básica que precisan para exercer o seu labor”. En canto aos contidos abordados na convocatoria, con cargo a cinco monitores, os participantes recibiron formación sobre Protección Civil, os riscos, accidentes e autoprotección, a loita contra incendios, comunicacións, e actuacións básicas ante emerxencias médicas. A maiores, tamén realizaron un módulo de Igualdade de oportunidades. “En conxunto, o curso constaba de 14 horas teóricas e sete de prácticas, un tempo no que o persoal voluntario tivo a oportunidade de adquirir unha serie de coñecementos que lle serán de gran utilidade á hora de desenvolver o seu labor nos operativos nos que participan e, en determinados casos, tamén no seu día a día”, destacou Oreona.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal