Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO CONMEMORARÁ ESTE MES CON VARIOS ACTOS O DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
A alcaldesa, Marián Ferreiro, presentou os actos acompañada polos edís de Igualdade, María Lorenzo; Ensino e Bilbiotecas, Olga Ameneiro, e Deportes, Ibán Santalla
Narón, 15 de setembro de 2023. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, presentou xunto cos edís de Igualdade, María Lorenzo, Ensino e Bilbiotecas, Olga Ameneiro e Deportes, Ibán Santalla, os actos que se levarán a cabo na cidade con motivo da conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional contra a violencia de xénero. A rexedora local indicou que a primeira das propostas é un obradoiro de autodefensa feminina que este sábado e o vindeiro, en horario de 10:00 a 13:00, se impartirá nas instalacións do Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros. Ferreiro destacou a elevada participación nesta iniciativa, con sesenta naronesas que realizarán o curso e obterán un diploma ao remate do mesmo. Así mesmo, a partir do vindeiro luns, día 20, e ata o 2 de decembro poderase ver na Biblioteca central do Alto a mostra “Valentes: loitadoras contra a violencia de xénero”. A exposición constará dunha serie de libros e material audiovisual no que destacarán as mulleres que históricamente visibilizaron a loita contra a violencia de xénero, promovendo así a concienciación social sobre este problema. As persoas que desexen ver a mostra poderán facelo de luns a venres en horario de mañá e tarde, de 9:30 a 13:30 e de 16:00 a 21:00 e tamén os sábados pola mañá, dende as 10:00 ata as 13:00 horas. Na xornada do mércores 22 a Axencia de Lectura municipal da Gándara acollerá unha sesión de xogos de mesa de temática feminista, “Iguales”. Será dende as 17:30 ata as 18:30 horas e diríxese a nenas e nenos a partir de 4 anos, que poden reservar praza na Biblioteca. Tamén ese día na Ludoteca municipal da Solaina se programou un obradoiro de camisetas para menores de entre 7 e 12 anos. Dende as 16:00 ata as 19:00 horas os participantes decorarán as súas camisetas cun texto ou unha imaxe que exprese o rexeitamento á violencia machista. O Centro Comunitario Manuela Pérez acollerá o día 24 unha charla das unidades de atención á familia e á muller da Policía Nacional, aberta á asistencia da cidadanía en xeral e que dará comezo ás 17:00 horas. O programa deseñado dende o Concello recolle outras dúas propostas para o día 24, novos xogos de temática feminista para menores a partir de 7 anos na Axencia de Lectura da Gándara, de 17:30 a 18:30 horas –para o que xa se pode reservar praza-. Finalmente, o venres 24 a Ludoteca municipal acollerá o contaconto “O chuvasqueiro de Aurora”, para nenas e nenos de 3 a 6 anos, que terán a oportunidade, entre as 17:00 e as 18:00 horas, de ver a escenificación dun conto escrito por María Márques e de elaborar nun chuvasqueiro violeta unha mensaxe contra a violencia. O propio 25 de novembro, tal e como avanzou Ferreiro, terá lugar un contacontos para público infantil, “Diagnosticando a Igualdade”. A cita será ás 11:00 horas na Biblioteca central do Alto e diríxese a menores a partir de 4 anos e as súas familias. Este espectáculo de Contos Caxoto repasa a nosa tradición oral á busca dos contos nos que quedou reflexada a relación entre sexo feminino e o masculino para contrapoñelo aos nosos días. As persoas interesadas en acudir –a capacidade da sala é limitada- deberán anotarse a partir do vindeiro martes, día 21, ás 16:00 horas no mostrador da sala de adultos da Biblioteca ou chamando ao teléfono 981 382 173. Como acto final desta xornada, ás 17:00 horas haberá unha Marcha pola Igualdade contra a violencia de xénero, dende o parque do río Freixeiro ata o quilómetro 100 do Camino Inglés, no paseo marítimo de Xuvia. As persoas interesadas poden inscribirse ata o día 22 no correo: p.deportes@naron.gal. “Queremos animar ás veciñas e veciños a participar nestes actos pensados para persoas de todas as idades, co fin de continuar implicando ao conxunto da sociedade para loitar contra esta lacra social, que urxe accións e medidas contundentes para a súa tan necesaria erradicación”, apuntou Ferreiro.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal