Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA REUNIUSE CO VICEPRESIDENTE DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA PARA ABORDAR FUTURAS VÍAS DE COLABORACIÓN ENTRE AMBAS ADMINISTRACIÓNS
A alcaldesa, Marián Ferreiro, acudiu ao encontro con Xosé Regueira acompañada dos edís de Obras, Pablo Mauriz, e Turismo, Natalia Hermida
Narón, 15 de novembro de 2023. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, reuniuse co vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, para analizar conxuntamente posibles vías de colaboración futura entre ambas administracións para materializar proxectos e actuacións na cidade. A rexedora local, que estivo acompañada polos edís de Obras, Pablo Mauriz, e Turismo, Natalia Hermida, valorou a receptividade do vicepresidente da Deputación “á hora de atender as propostas que lle plantexamos e de comprometerse a estudar a súa viabilidade”. No encontro mantido na sede da administración provincial recordaron a recente colaboración da Deputación nas obras de rehabilitación do muíño de Xuvia, cun investimento de 1,2 millóns de euros dos que a UE aportou 500.000 a través dun programa solicitado dende o Concello; a Deputación 400.000 euros e o Concello os 300.000 restantes. “É unha satisfacción ver como neste caso, o traballo conxunto nos permitiu recuperar unha das xoias do noso patrimonio”, destacou Ferreiro. A alcaldesa recalcou que “queremos que as liñas de traballo dos vindeiros catro anos continúen o mesmo camiño, apostando pola colaboración entre as administracións para cofinanciar proxectos dos que poidan desfrutar as nosas veciñas e veciños e tamén a xente de fóra que se achegue ao noso concello”. Ferreiro incidiu “na boa sintonía que na cidade sempre tivemos co vicepresidente da Deputación da Coruña para colaborar con nós” e agradeceulle a celeridade na concesión da entrevista para poder abordar os diferentes asuntos tratados.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal