Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
TEATRO CLÁSICO, CONTEMPORÁNEO E UNHA COMEDIA CENTRAN A PROGRAMACIÓN CULTURAL DESTA FIN DE SEMANA NO PAZO DA CULTURA
As entradas para estes espectáculos están á venda no despacho de billetes do Pazo e na web do Padroado da Cultura
Narón, 16 de novembro de 2023. O Pazo da Cultura acollerá esta fin de semana tres espectáculos teatrais. A primeira das citas será esta mesma tarde, ás 20:30 horas, coa representación da peza de teatro clásico “Constante”, da Compañía Nacional de Uruguai. O chileno Guillermo Calderón e o uruguaio Gabriel Calderón escribiron a peza en base a “El príncipe Constante” de Pedro Calderón de la Barca, reversionando este clásico. Na xornada do sábado terá lugar ás 20:00 horas a representación de “La isla del aire”, unha obra de teatro contemporáneo autoría de Alejandro Palomas e Mario Gas. Ambientada en Menorca e cunha familia de cinco mulleres como protagonista, guiadas pola matriarca, a historia narrará como se adentran nunha viaxe en barca á Illa do Aire. O domingo ás 18:00 horas poderase ver “Ándale!!! Buen apetito”, unha estrea de Teatro Ghazafelhos dirixida a público familiar e infantil, a partir de 6 anos. A compañía repón a súa exitosa obra “Bon Apettit”, protagonizada polos chefs Felipe, Antonio e Francisco, que amosarán a deliciosa comida mexicana repasando a historia deste país. As entradas poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal