Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN NUN CERTAME DIRIXIDO AO SECTOR COMERCIAL E HOSTALEIRO DA CIDADE CON MOTIVO DO NADAL
A concelleira de Promoción Económica, Olga Ameneiro, avanzou que as inscricións se realizan a través da web: www.comerciodenaron.com
Narón, 12 de decembro de 2023. O Concello de Narón organizou o certame “En Nadal, decora Narón 2023”. A edil de Promoción Económica, Olga Ameneiro, indicou que se trata dunha proposta encamiñada “a contribuír á ornamentación navideña da cidade, neste caso concreto dos establecementos de comercio e hostalería da localidade, aos que tamén convidamos a participar nun concurso coa opción de gañar un premio”. As bases do concurso, que poden consultarse ao completo na web: www.comerciodenaron.com, contemplan que as persoas participantes deben decorar o exterior do local con motivos de Nadal e manter esa decoración ata, como mínimo, o día 31 deste mes. Para poder participar é preciso inscribirse ata o 20 de decembro a través da citada web –no apartado de concurso-, cumplimentando a inscrición e enviando como mínimo tres imaxes amosando os detalles desa decoración exterior. A concelleira de Promoción Económica indicou que se estableceron dúas categorías de premios: unha á mellor decoración exterior de comercios, e outra á mellor decoración exterior de hostalería. Nos dous casos, a persoa gañadora obterá unha estancia dunha noite nun aloxamento rural para dúas persoas, propoñéndose un ubicado nas inmediacións de Parada de Sil e outro en Pantón. Un xurado designado polo Concello de Narón encargarase de valorar as decoracións presentadas, cun máximo de 40 puntos, que se concederán en función da orixinalidade, o deseño, a iluminación e o impacto visual, tal e como figura nas bases da convocatoria. Olga Ameneiro animou aos propietarios dos establecementos comerciais e hostaleiros da cidade a participar nesta iniciativa “na que tamén queremos recoñecer o seu traballo e esforzo nestes días por ambientar a nosa cidade, na que dispoñemos dun sector comercial e hostaleiro moi variado, con produtos de gran calidade e cunha atención persoalizada”.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal