Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ABRIRÁ MAÑÁ O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA QUE OS MENORES PARTICIPEN COMO PAXES NA CABALGATA DE REIS
A concelleira de Festas, Mar Gómez, indicou que a iniciativa se dirixe a menores de entre 3 e 16 anos
Narón, 12 de decembro de 2023. O Concello abrirá mañá o prazo para participar na Cabalgata de Reis, que se celebrará o vindeiro día 5 de xaneiro na cidade. Establecéronse dúas opcións, unha para menores de 3 a 12 anos e outra para mozas e mozos de 12 a 16 anos. En ambos casos, tal e como indicou a edil de Festas, Mar Gómez, os modelos de inscrición estarán dispoñibles dende mañá ata o 26 de decembro, incluído, na Sede Electrónica do Concello de Narón. No caso das nenas e nenos de 3 a 12 anos, que deberán ir sempre acompañados dunha persoa adulta hai 36 prazas e deberán anotarse sempre unha persoa adulta cun máximo de tres menores. Ademais do modelo de solicitude tamén se deberá cubrir neste caso o Anexo I dispoñible na Sede Electrónica (será preciso cumplimentar tantos anexos como menores vaian en cada grupo). No caso dos paxes de entre 12 e 16 anos, establecéronse un total de nove prazas, tres para cada unha das carrozas que acompañarán aos Reis Magos. En todos os casos haberá que facilitar o nome completo do/da menor e a súa idade; o da persoa adulta que o acompañará, a talla de roupa que emprega e asinar as autorizacións pertinentes para participar e poder difundir imaxes. O sorteo das prazas realizarase o vindeiro 27 de decembro no Concello.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal